LAIC

Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación

O Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación da Coruña é un espazo de encontro, colaboración e aprendizaxe para persoas e colectivos interesados na cultura audiovisual contemporánea, os novos medios e a transformación dixital.

O LAIC quere xuntar a diferentes axentes creativos da cidade (cineastas, produtoras, estudantes, docentes, profesionais da comunicación e do deseño, activistas, artistas, tecnólogas, especialistas en ferramentas dixitais) para compartir experiencias e boas prácticas de innovación audiovisual.

A misión é traballar coas comunidades en torno ao audiovisual e o dixital para visibilizalas, involucralas e facilitar a súa participación para acadar un obxectivo común, que é facer da Coruña un polo estratéxico de innovación, creatividade e boas prácticas, que xeren novas oportunidades e modelos de traballo sustentable nun sector en pleno cambio de paradigma marcado pola dixitalización e democratización dos medios.

Novas e actividades

Como podes participar?

Xa están activos todos os GRUPOS de #LAIC 2019:

Unha novidade importante desta edición é que nos primeiros meses de 2019, a sede principal do programa será o centro Ágora, onde desenvolveremos varias liñas de actividades temáticas.

Anímate a participar nalgunha das nosas propostas! Tamén estamos abertos a novas suxestións e ideas! 😉

Contacto

Correo electrónico: laic@corunadixital.gal
Páxina web: laic.corunadixital.gal
Twitter: twitter.com/corunadixital
Grupo de Facebook: facebook.com/groups/ComunidadeLAIC/
Comunidade virtual: slack-coruna-dixital

Proxectos relacionados