A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña pretende fomentar o coñecemento aberto mediante a cesión para uso público dos contidos e información propiedade ou xerados por esta administración. Desta forma pode atopar dentro deste sitio web contidos liberados ao dominio público. A continuación indícanse os tipos de contido que pode vostede atopar neste sitio web e a licenza de uso á que están sometidos:

TEXTOS

Os textos (excepto onde se indique o contrario) do Sitio web corunadixital.gal están licenciados baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 2.5 España License .

Vostede é libre de:

  • Copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra
  • Facer obras derivadas

Baixo as condicións seguintes:

  • Recoñecemento. Debe atribuír este traballo á iniciativa Coruña Dixital, promovida pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña (con enlace).
  • Non comercial. Non pode utilizar esta obra para fins comerciais.
  • Compartir baixo a mesma licenza. Se altera ou transforma esta obra, ou xera unha obra derivada, só pode distribuír a obra xerada baixo unha licenza idéntica a esta.

  • Ao reutilizar ou distribuír a obra, ten que deixar ben claro os termos da licenza desta obra.
  • Algunha destas condicións pode non aplicarse se se obtén o permiso do titular dos dereitos de autor.
  • Nada nesta licenza menoscaba ou restrinxe os dereitos morais do autor.

OUTRO TIPO DE CONTIDOS

As imaxes, vídeos ou outros contidos que non sexan texto están suxeitos a copyright do seu propietario ou a solicitude de licenza de uso ao Concello, excepto onde se indique o contrario.

A solicitude de permisos máis aló do alcance desta licenza poden realizarse nesta páxina a través da sección de contacto.

Os dereitos derivados de usos lexítimos ou outras limitacións recoñecidas por lei non se ven afectados polo anterior.

Empece a escribir e pulse Enter para buscar