Popathon é unha serie internacional de hack jams e talleres que reúne a creador*s audiovisuais, programador*s e deseñador*s para prototipar xuntas o futuro das narrativas nativas en internet (web-native storytelling).

A proposta que xa se levara a cabo en Barcelona, Berlín, París, Londres e Lisboa, celebrouse por primeira vez na Coruña. Así, entre a tarde do venres 11 e o sábado 12 de novembro, varios equipos multidisciplinares xeraron ideas, crearon en código aberto e desenvolveron prototipos web.

.

Durante o evento contamos con facilitadores e mentores expertos e innovadores na súa área:

Philo van Kemenade iniciou Popathon para potenciar o desenvolvemento dunha linguaxe narrativa interactiva que encaixase na natureza da web.

Philo combina vídeo, datos e a web para facer narrativas con máis conexión co público e polo tanto para ampliar o seu impacto. Os seus coñecementos en Intelixencia Artificial e a súa paixón pola creación audiovisual levouno da súa Holanda natal a Londres, onde investigou data-driven storytelling utilizando vídeos xerados e subidos á rede por usuarios. Cre firmemente que a experimentación multidisciplinar pode impulsar este campo creativo de xeito notable.

Daniel Gona é asesor de deseño empresarial independente en Alemaña. As súas áreas de especialización son a hypermedia así como a intersección de branding e innovación de modelo empresarial. Daniel é co-organizador de Popathon Berlín.

Por parte galega participaron como mentores María Yáñez, Berto Yáñez e o cofundador da compañía coruñesa Esferobite, Juan Lesta.

Entre as persoas asistentes contamos con profesionais do ámbito audiovisual, da programación e o desenvolvemento de aplicacións, así como deseñadores, especialmente da contorna web ou multimedia.

.

Compartimos unha extensa reportaxe fotográfica do Popathon A Coruña, onde tamén se pode acceder á información sobre os prototipos desenvolvidos:
Repositorio dos prototipos e enlaces a GitHub:
Entradas recomendadas

Empece a escribir e pulse Enter para buscar