Ao longo de 4 obradoiros intensivos, xente amadora con interese polo mundo audiovisual puido explorar as posibilidades narrativas do formato webdoc, a través dun proxecto colectivo baseado na colaboración, o consenso e a experimentación en diversos soportes e formatos dixitais.
A actividade foi facilitada por María Lobo e Roi Guitián, que dende Gingko traballan no audiovisual e a comunicación como ferramenta para o cambio social e a participación.
Foi polo tanto un proceso audiovisual participativo ao servizo das novas narrativas audiovisuais para a cidade, durante o cal xerouse un fantástico grupo de traballo e aprendizaxe colaborativo que “ameaza” con quedarse na cidade.
.
É que é isto de Vídeo Participativo?
O Vídeo Participativo (VP) é unha metodoloxía que busca implicar a un grupo ou comunidade no deseño e gravación dun proxecto audiovisual. A clave do VP está na horizontalidade á hora de construír o discurso, o que define os contidos e o punto de vista do resultado.
O VP parte dunha serie de actividades formativas que anfondan no reforzamento e visibilidade dos lazos dunha comunidade. A partir da formación en TIC e nas súas posibilidades, diferentes membros dun colectivo traballan en equipo para construír un mesmo produto audiovisual adecuado ás súas necesidades e intereses. O VP non consiste en realizar documentais, trátase de persoas que se coñecen, que teñen unha relación entre elas e que queren compartir as súas propias historias. Desta maneira, as persoas participantes convértense en axentes de comunicación que elaboran de forma autónoma os seus propios contidos e que poden crear redes de comunicación con outros colectivos e axentes sociais.
O foco do traballo con VP está no proceso marcado pola participación activa, o traballo en equipo e a motivación a través do diálogo, a reflexión conxunta, a colaboración. Trátase dun proceso que se materializa en un ou varios produtos audiovisuais, unha ferramenta para a divulgación de contidos creados e elaborados por un grupo de persoas cunha historia en común achegando visibilidade social ao colectivo, motivación para a participación activa e soporte para o diálogo.
Neste caso, o resultado final será un Web-Doc, un documental interactivo que se baséa na fragmentación do discurso en diferentes e na non liñalidade temporal, xa que é o usuario quen a define en función da súa interacción co web-doc. Ao usar este formato como produto final do proceso formativo, introducimos os itinerarios formativos realizados nun ámbito innovador e vangardista dentro das TIC e melloramos a visibilidade do resultado ao situalo na rede.
Como funciona un obradoiro de VP?:
- As/os participantes adquiren as competencias necesarias para o traballo con vídeo e a construción de historias dunha forma lúdica e práctica
- Os facilitadores guían o proceso e axudan a identificación e análise das temáticas identificadas e as posibles liñas narrativas.
- As/os partipantes gravan todos os materiais independentemente.
- As gravacións edítanse, revísanse de forma grupal, e compártense mantendo as/os participantes todas as decisións sobre os contidos
- Ábrese a posibilidade ao efecto multiplicador do proceso: cos coñecementos adquiridos posibilita futuras creación por parte das/os participantes