O pasado mes de marzo tivemos a ocasión de coñecer na xornada Demo de #LAIC todo o que as persoas que participaron no Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación aprenderon e experimentaron en tres áreas concretas, que foron realidade aumentada, vídeo mapping e narrativas populares contemporáneas.
Nunca no #LAIC se traballara co vídeo mapping, unha técnica que despertou un gran interese e sobre a que se artellou un grupo de experientación coordinado polo especialista Pablo Ferrer. El foi a persoa encargada de desenvolver a primeira sesión panorámica, sobre as posibilidades técnicas e creativas do vídeo mapping, e tamén coordinou as sesións obradoiro.
As persoas que se inscribiron no grupo aprenderon a traballar co programa Madmapper 3 e experimentaron coas técnicas esencias desta disciplina nun proceso que xerou varias propostas visuais que tivemos ocasión de ver por primeira vez na xornada Demo de #LAIC.
Aquí tedes os últimos preparativos antes da xornada!
E aquí un pequeno resumo dos traballos presentados 🙂
Por grupos, os participantes xogaron con diferentes elementos: desde a xeometría en 3D ata vídeos con interactuacións e cromas en relación a músicas e sons que deron como resultado unha combinación estupenda de tecnoloxía e creatividade.
Se tes interese en inspirarte, aprender e experimentar co vídeo mapping e non puideches participar nesta ocasión no #LAIC, non te preocupes: para estar ao tanto de futuras propostas, podes subscribirte ao noso boletín, pero tamén participar no grupo do #LAIC no Facebook ou participar no seu Slack.