Laboratorio de innovación narrativa para ciberactivistas

A oenegué Ecos do Sur, a través do seu programa Ciberespect, desenvolve este laboratorio os martes 04, 11 e 18 de febreiro, especialmente indicado para persoas vinculadas ao mundo da comunicación e das entidades sociais. O programa estrutúrase sobre tres bloques formativos:

Redes sociais, desinformación e ciberactivismo

  • Tecnoloxía da persuasión: uso de Redes Sociais, vixiancia e manipulación.
  • Hate Speech: responsables, mecanismos e efectos.
  • Estratexias contra o ciberodio e os rumores: acción individual e colectiva.
  • Detección de fakes en RRSS. Introdución ao fact checking e difusión de contrabulos.
  • Casos prácticos.

Innovación narrativa

  • Narrativas discriminatorias: que son e que efectos teñen
  • Como impulsar a transformación social a través de narrativas innovadoras
  • Teoría de marcos mentais e storytelling
  • Estratexias de comunicación dixital aplicadas á difusión de narrativas.
  • Xeración de accións colaborativas

Maduración de propostas

  • Formatos innovadores: gamificación, storydoing, marketing de guerrilla

 

As prazas para este laboratorio son limitadas. Podédesvos inscribir a través deste formulario.

 

 

Detalles

Data

Dende o 04/02/2020 ata o 18/02/2020 16:00-20:00

Contacto

https://corunadixital.gal/iniciativa/laic/

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar