O Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación quenta motores para unha nova edición. Xa sabemos que #LAIC 2020 estará adicado ás narrativas dixitais, inmersivas e transmedia e que desenvolverá as súas actividades no centro Ágora entre decembro deste ano e marzo do vindeiro. Tamén que, pouco a pouco, iremos sabendo máis da súa programación a través das redes sociais e o boletín de Coruña Dixital, ao que te podes subscribir desde aquí.
Pero antes de entrar de cheo no #LAIC que vén, propoñémosche lembrar a edición pasada do Laboratorio, que estivo adicada a tres liñas de traballo: narrativas populares contemporáneas, realidade aumentada e vídeo mapping.
Aquí tes o vídeo resumo de #LAIC 2019:
Agardamos que che guste!