O Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación de Coruña Dixital comeza unha nova tempada coa charla sobre posibilidades e tendencias das narrativas transmedia no sector audiovisual da man de Roger Casas-Alatriste, fundador da produtora especializada El Cañonazo.

A primeira sesión complementouse cunha segunda xornada, orientada a coñecer as claves da construción dun relato transmedia. Nesta sesión Roger Casas-Alatriste compartiu o proceso creativo e comercial que El Cañonazo fai coas súas propostas, apostando pola pedagoxía cos clientes (sendo conscientes de que transmedia é un concepto moi manido xa, pero non suficientemente comprendido) e por un enfoque dos proxectos baseado nas necesidades narrativas.

 

A xornada inaugural supuxo tamén a ocasión de coñecer de primeira man a programación do #LAIC 2019-20, que, como xa temos comentado, estará adicado ás narrativas dixitais, inmersivas e transmedia.

E aquí tedes, por fin, as primeiras actividades nas que xa vos podededes inscribir!

Non son as únicas propostas desta nova edición do #LAIC, pero si as que neste momento teñen a inscrición aberta.

Proximamente irémosvos contando polo miúdo que máis propostas ofrece o Laboratorio. Para estar ao tanto delas, ademais de seguir esta web e as redes sociais de Coruña Dixital, recomendámosvos a subscrición ao noso boletín informativo: é a maneira máis doada de estar ao día de todas as actividades! 😉

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar