Comunidade de Creadoras e Creadores de Contido en Galego (C4G)

Colectivo con interese na creación en tódolos ámbitos en lingua galega

A C4G nace co propósito de reunir na Coruña a persoas interesadas na creación de contidos de todo tipo en galego.

É un espazo aberto, plural, de balde, para persoas de tódalas idades e niveis  (amateur ou profesional) que queiran compartir experiencias e aprender de outras a crear mellores contidos.

A través dunha xuntanza mensual, póñense en contacto creadores e creadoras de diferentes eidos que teñen en común o vínculo do idioma.

Como podes participar?

Cada mes, organízase unha xuntanza aberta na que hai que inscribirse a través dun formulario que publican a través da súa web. Estate atent@! 😉

Tamén contan cun espazo de traballo na plataforma Slack. Se queres unitrte a ela, preme aquí.

Contacto

Correo electrónico: neofalando@gmail.com
Páxina web: cccg.ga/
Twitter: twitter.com/neofalando
Instagram: www.instagram.com/neofalando/

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar