Monkey Laboratory (MOLAB)

Asociación de estudantes de audiovisual e de informática con interese nos videoxogos

MOLAB é unha asociación creada por estudantes de Comunicación Audiovisual e Informática da Universidade da Coruña coa mesma paixón común: os videoxogos. Dentro de Monkey Laboratory hai estudantes, ex-alumnos, profesores e profesionais.

O seu obxectivo é formar unha comunidade entre toda a xente que desexa adicarse á industria dos videoxogos: persoas que deseñan, que programan, que escriben ou fan arte… e que poden abrir un camiño profesional dende a colaboración entre distintas disciplinas. 

Como podes participar?

Para coñecer o traballo dos membros podes entrar no grupo de Facebook, onde ademais de presentarte, se así o desexas, poderás saber as datas das próximas reunións e actividades que se programen. E seguir a súa conta de Twitter, na que dan conta de todas as súas propostas.

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar