BiblioTECH (Biblioteca infantil e xuvenil Durán Loriga)

Programa de accións formativas e divulgativas para xente moza, que promove o uso creativo, crítico e seguro das TIC.

BiblioTECH é un programa formado por unha serie de accións informativas, formativas e eminentemente prácticas que se desenvolven na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga e que se centran no uso creativo, crítico e seguro das TIC para acadar obxectivos relacionados co traballo e a empregabilidade, a aprendizaxe continua, o uso do tempo libre e/ou a inclusión e participación cidadá.

A Biblioteca Infantil e Xuvenil Durán Loriga forma parte da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña e as súas actividades están, na súa meirande parte, orientadas a nen@s desde idades temperás e moz@s.

Como en todas as bibliotecas da rede, nesta tamén hai (ademais de libros, cine e música) ordenadores de acceso público, conexión wifi, consolas e videoxogos.

Como podes participar?

Desde BiblioTECH ofértanse regularmente talleres e xornadas divulgativas, coa participación de axentes e especialistas locais, que che axudarán a achegarte ás disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), a robótica ou a programación mediante o uso de tecnoloxía libre e en código aberto.

Para poder participar, hai que inscribirse previamente na web da biblioteca.

Tamén podes achegarte en calquera momento a consultar a súa colección bibliográfica sobre as temáticas tratadas.

Contacto

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar