Obradoiro de vídeo 360º e VR

Rubén Lázaro (SienteVR), cunha ampla traxectoria no sector audiovisual como editor e realizador, impartirá este obradoiro de Vídeo 360º e realidade virtual no que facilitará as claves para desenvolver unha produción audiovisual destas características, así como as súas posibles aplicacións en ámbitos como a creación audiovisual, o patrimonio ou o turismo.

O taller estrutúrase en cinco bloques:

  • Introdución á captura da imaxe en 360º
  • Proceso de captura
  • Posprodución das imaxes
  • Difusión (para gafas de VR e plataformas)
  • Futuro dos contidos inmersivos

PRAZAS COMPLETAS
Todas as prazas están cubertas e existe unha lista de agarda superior ás previsións de poder contar con prazas liberadas. Podes deixarnos os teus datos se tes interese nesta temática, para poder avisarte en caso de programar novos obradoiros no futuro, a través deste formulario.

 

Detalles

Data

O día 25/01/2020 10:00-18:00

Contacto

https://corunadixital.gal/es/iniciativa/laic-es/

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar