A Rede de Bibliotecas Municipais ofrece unha programación adicada ás persoas que queiran iniciarse no emprego de ferramentas informáticas e tecnolóxicas a través dunha variedade de obradoiros distribuídos polas diferentes bibliotecas da cidade.

Estes cursos son gratuítos pero é preciso inscribirse previamente acudindo presencialmente á biblioteca habitual, chamando por teléfono ou creando un perfil na plataforma Smart City, dentro do prazo que se describe en cada un dos eventos dos cursos.

Aquí tedes a lista de propostas formativas a desenvolver entre xaneiro e marzo:

 

Iniciación á informática, Internet e correo electrónico. Aprendizaxe a un nivel básico para o manexo destas ferramentas dixitais. Este curso terá lugar nas bibliotecas municipais Sagrada Familia, Monte Alto e Ágora:

  • Biblioteca Sagrada Familia: Do 20 ao 31 de xaneiro (15:00-18:00). A inscrición remata o 20 de xaneiro.
  • Biblioteca Monte Alto: Do 03 ao 14 de febreiro (16:00-19:00). A inscrición abre o 27 de xaneiro e remata o 03 de febreiro.
  • Biblioteca Ágora: Do 10 ao 21 de febreiro (9:00-12:00). A inscrición ábrese do 03 ao 08 de febreiro.

 

Configuración do teléfono móbil. Aprendizaxe a un nivel básico nos centros Rosales, Ágora e Fórum Metropolitano:

 

Procesador de textos. Aprendizaxe para dar os primeiros pasos no deseño, elaboración e impresión dun documento.

 

Seguridade en Internet. Aprende a configurar e preparar o teu dispositivo dixital para un uso seguro.

 

Se queredes máis información, lembrade que, ademais da nosa web, tedes ao voso dispor a páxina das propias bibliotecas, onde atoparedes todo o relativo á súa actividade.

 

 

 

 

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar