Curso de procesador de textos

Se queres dar os teus primeiros pasos no deseño, elaboración e impresión dun documento co procesador de textos Writer de OpenOffice,  a Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña organiza un curso para aprender a usar estas ferramentas.
Na aula ensinarase a traballar con imaxes e táboas, ligazóns e relacións con outras aplicacións de ofimática e faremos equivalencias co procesador Word, co que poder redactar calquera tipo de documento.

O curso, de 15 horas en total, terá lugar do 17 ao 21 de febreiro e o prazo de inscrición remata o día 15 de febreiro. Para obter máis información podes entrar na páxina web. Podes apuntarte acudindo presencialmente á túa biblioteca, chamando por teléfono ou creando un perfil na plataforma Smart City.

Detalles

Data

Dende o 17/02/2020 ata o 21/02/2020 15:00-18:00h

Contacto

981184384 http://www.coruna.gal/bibliotecas/es/actividades/plantillas/actividades-en-las-bibliotecas/detalle-evento/curso-de-procesador-de-textos-07-20/suceso/1453715245154 bibliotecas@coruna.es

Información adicional

O prazo de inscrición vai dende o 10/02/2020 ata o 15/02/2020.

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Biblioteca municipal Sagrada Familia

Rua Antonio Pereira, 1, 3,
15007 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar