Bibliotecas: cursos de iniciación á tecnoloxía

Propostas formativas e de inclusión dixital da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña para achegar a cidadanía ás novas tecnoloxías e ferramentas dixitais

As bibliotecas municipais Ágora, Castrillón, Fórum Metropolitano, Infantil e Xuvenil (Durán loriga), Monte Alto, Os Rosales e Sagrada Familia dispoñen de espazos ou aulas de informática nas que se programan de maneira habitual cursos e obradoiros para aproximarse á tecnoloxía a diferentes niveis: de iniciación e avanzados.

O obxectivo é proporcionar as ferramentas necesarias para moverse por Internet con seguridade, así como a manexar correo electrónico, redes sociais ou dispositivos electrónicos, entre outras propostas.

En todas as bibliotecas hai ordenadores de uso público e gratuíto nos que conectarse a Internet, chatear cos teus familiares no estranxeiro, escoitar música e ver vídeos ou utilizar programas ofimáticos: procesadores de texto, follas de cálculo, editor de presentacións etc. Podes levar os teus auriculares ou solicitar uns na biblioteca.

Tamén ofrecen WIFI aberta para que poidas acceder a internet co teu propio equipo ou dispositivo móbil.

Como podes participar?

A oferta completa de cursos e obradoiros, así como os requisitos de inscrición, está permantemente actualizada na súa web.

Tamén se ofrece información presencial en calquera das bibliotecas municipais. Podes localizar a máis próxima aquí.

Ademais, as asociacións e oenegués que precisen dun espazo para levar a cabo unha acción formativa, poden solicitar o uso das aulas de informática.

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar