O vindeiro 27 de xaneiro arranca na biblioteca do centro Ágora o ciclo Distopías Cotiás: un espazo de reflexión sobre tecnoloxías e prácticas na contorna dixital que, ata hai ben pouco, ocupaban a esfera da ciencia ficción e que a día de hoxe xa forman parte, en maior ou menor grao, da nosa realidade cotián xerando fondos debates polo seu impacto na nosa sociedade, como son ética tecnolóxica, soberanía dixital, capitalismo de vixiancia, rexistros biométricos ou manipulación masiva.

A primeira sesión deste ciclo celebrarase o luns 27 de xaneiro, noO artista gráfico Leo Sousa é o autor do cartaz e a imaxe do ciclo Distopías Cotiás espazo de conversa da biblioteca Ágora (19h), e leva por título Ética, Privacidade e Tecnoloxía: retos abertos para os anos vinte.  O encargado de abordar estas cuestións será Pablo Castro (Trackula), desenvolvedor frontend e co-fundador de Arengu, ademais dun activista destacado pola liberdade en Internet e o software libre, ademais de ser unha das cabezas visibles do colectivo GPUL  e coorganizador de AtlanticaConf.

O artista gráfico Leo Sousa é o autor da imaxe e carteis deste ciclo, que se celebra en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña e que apoiamos dende Coruña Dixital, co obxectivo de favorecer a conexión de persoas de calquera ámbito -non só tecnolóxico- interesadas en compartir coñecemento, reflexións e propostas.

 

Como podes participar en Distopías Cotiás?

A participación en calquera dos encontros é aberta ata completar aforo, aínda que recomendamos inscribirse no Meetup da iniciativa (ao que podes acceder desde aquí) para reservar praza, xa que este aforo será limitado.

O formato previsto consta dunha breve charla inicial, onde unha persoa experta exporá un tema concreto e dun posterior tempo, xa máis amplo, para o debate e a conversa aberta entre as persoas asistentes.

No primeiro semestre de 2020 están previstas xa as seguintes datas, sempre ás 19h no espazo de conversa da Biblioteca Ágora: luns 27 de xaneiro, luns 17 de febreiro, luns 16 de marzo, luns 20 de abril e luns 18 de maio.

Terás información puntual destas citas na nosa axenda ou subscribíndote aquí ao meetup da iniciativa, onde tamén se formalizan as inscricións.

Se queres propoñer unha charla, tamén podes: só tes que escribira a ola@distopiascotias.gal 😉

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar