Curso de iniciación á informática, Internet e correo electrónico

A Rede de Bibliotecas Municipais organiza un curso de iniciación no que adquirir habilidades básicas de informática, Internet e correo electrónico. Terá lugar na Biblioteca Municipal de Monte Alto.

Nesta formación de 30 horas podes aprender a manexar o teclado e o rato, a administrar o uso de arquivos e cartafois, a procurar información en Internet, a acceder a servizos e trámites en liña e a crear e xestionar unha conta de correo electrónico.

Para obter máis información podes entrar na páxina web. O prazo de inscrición remata o día 3 de febreiro. Podes anotarte acudindo presencialmente á túa biblioteca, chamando por teléfono ou creando un perfil na plataforma Smart City.

Detalles

Data

Dende o 03/02/2020 ata o 14/02/2020 16:30-19:30

Contacto

981184384 http://www.coruna.gal/bibliotecas/es/actividades/plantillas/actividades-en-las-bibliotecas/detalle-evento/curso-de-iniciacion-a-informatica-internet-e-correo-electronico-04-20/suceso/1453715134242 bibliotecas@coruna.es

Información adicional

O prazo de inscrición vai do 27/01/2020 ata o 03/02/2020.<br />

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Biblioteca municipal de Monte Alto

3º, Calle Vereda Polvorín, 3
15002 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar