O 2020 chegou ao seu fin para o ciclo Distopías Cotiás cun interesantísimo debate sobre a Carta de Dereitos Dixitais impulsada polo Goberno. Nel participaron Sofía Prósper, Santiago Saavedra e Pablo Castro, do colectivo Trackula, pero tamén, a través do chat, as persoas conectadas en directo á nosa canle de YouTube.

Se non tiveches ocasión de asistir, aquí tes o vídeo:

 

Distopías Cotiás é un ciclo de encontros mensuais que, xunto coa Rede Municipal de Bibliotecas, impulsamos para reflexionar sobre o impacto das tecnoloxías nas nosas vidas. Botou a andar de maneira presencial en xaneiro de 2020 na biblioteca do centro Ágora, pero, tras declararse o estado de alarma pola covid-19, trasladouse ao espazo dixital.

A primeira das sesións adicámola, da man de Pablo Castro, a falar de ética, privacidade e tecnoloxía. No mes de febreiro, coa avogada María Cerviño, reflexionamos sobre como recuperar a nosa privacidade. Xa en liña, trala pausa que provocou a situación xerada pola pandemia, falamos coa analista Gema Galdón sobre o uso da tecnoloxía ante a crise da covid-19 e con Pietro Marini  sobre big data e á intelixencia artificial. Tamén participou en Distopías Cotiás o profesor de comunicación política Víctor Sampedro coa súa Dietética Digital ata chegar a sesión desta semana sobre a Carta de Dereitos Dixitais.

Todas as sesións de Distopías Cotiás, tanto presenciais como en liña, están dispoñibles na nosa canle de YouTube. Agardamos que che resulten tan inspiradoras como nolo resultaron a nós! 😉

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar