Curso de iniciación á informática, Internet e correo electrónico
A Rede de Bibliotecas Municipais organiza un curso de iniciación no que adquirir habilidades básicas de informática, Internet e correo electrónico. Terá lugar na Biblioteca Municipal Sagrada Familia.
Nesta formación de 30 horas podes aprender a manexar o teclado e o rato, a administrar o uso de arquivos e cartafois, a procurar información en Internet, a acceder a servizos e trámites en liña e a crear e a xestionar unha conta de correo electrónico.
Para obter máis información podes entrar na páxina web. O prazo de inscrición remata o día 20 de xaneiro. Podes anotarte acudindo presencialmente á túa biblioteca, chamando por teléfono ou creando un perfil na plataforma Smart City.
Detalles
Data
Dende o 20/01/2020 ata o 31/01/2020 15:00-18:00
Contacto
http://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/actividades/persoais/actividades-nas-bibliotecas/detalle-evento/curso-de-iniciacion-a-informatica-internet-e-correo-electronico-01-20/suceso/1453715230276?argIdioma=gl bibliotecas@coruna.es
Información adicional
O prazo de inscrición vai do 13 ao 20 de xaneiro.
Categorías
Lugar
Biblioteca municipal Sagrada Familia
Rua Antonio Pereira, 1, 3,
15007 A Coruña A Coruña