Este mes de decembro comeza a súa andadura un novo colectivo na cidade. Trátase de CCCG, a Comunidade de Creadores de Contido en Galego, que nace coa vontade de reunir na Coruña a persoas interesadas na creación de contidos de todo tipo en lingua galega.

Trátase, tal e como explica o propio colectivo, dun “espazo aberto, plural, de balde” e para persoas -con independencia da súa idade, profesión ou nivel de coñecementos- que queiran compartir experiencias e aprender de maneira colaborativa a crear mellores contidos.

Esta nova comunidade non se adica en exclusiva aos contidos dixitais, pero estes e as persoas que os crean -blogueirxs, youtubeirxs, instagramers, etc,…- teñen cabida nesta proposta, do mesmo xeito que calquera creadora ou creador en galego procedente doutro ámbito.

Coruña Dixital colabora coa que será a súa primeira cita, que se desenvolverá o vindeiro 14 de decembro no centro Ágora. Se queredes inscribirvos, tedes un formulario ao voso dispor ao que podedes acceder desde aquí.

 

Entradas recentes
0

Empece a escribir e pulse Enter para buscar