
O Ateneo é un laboratorio aberto de tecnoloxías libres, no que persoas creadoras, investigadoras e artivistas foron convocadas dentro dun clima de cooperación e intercambio aberto para compartir coñecementos (educación expandida) e desenvolver proxectos transdisciplinares (prototipado e produción) utilizando tecnoloxías e licencias libres.
Partindo dos grupos tecnolóxicos locais e das institucións tecnolóxicas e educativas da cidade, os ateneos nacen como pontes entre estas e a realidade cotiá dos colectivos e entidades sociais, medioambientais ou culturais do territorio. Búscase polo tanto xerar conexións signicativas, reforzando así o tecido socio-comunitario e o ecosistema da cidade, desenvolvendo prototipos funcionais nun proceso aberto de educación e produción expandida.
Esta acción piloto de formato intensivo estendeuse durante dúas semanas no barrio de Montealto, ao ser o contexto máis próximo á Domus, sede do espazo maker na cidade.
A proposta estivo comisariada pola galega Beka Iglesias, que xa realizou unha experiencia previa e pioneira na cidade con aRtropocode (Normal, 2014). Artivista dixital e coordinadora de laboratorios de arte, ciencia e tecnoloxías libres, Beka ten colaborado con diferentes centros artísticos de produción, universidades e festivais como Medialab-Prado en Madrid, Hangar en Barcelona, Laboral en Gijón, a UAB en Barcelona, a World Haptics Conference en South Korea, Les Ancients Abbattoirs en Casablanca, Tabakalera en San Sebastian, CAA en Guimarães durante a Capitalidade Europea da Cultura, District Berlin, FabLabEDP en Lisboa ou a Fabacademy MITnetwork (Massachusetts Institute of Technology), entre outros.
O Ateneo constou de dúas fases: na primeira desenvolvéronse unha serie de talleres, palestras e “choiva de ideas” colaborativas desde o día 7 ata o día 16 de novembro en diversos espazos do barrio de Montealto: escolas, asociacións, etc.
.
A segunda fase foi un evento aberto e público do xoves 17 ao domingo 20 de novembro (de 11:00 a 19:00). Xuntámonos na Sala Maker@Domus para desenvolver en diversas mesas de traballo diferentes prototipos que xiraron en torno á ciencia, á tecnoloxía, á creatividade e orientada a satisfacer desexos e necesidades sociocomunitarias do barrio.
- Sistema RFID para supervisar a entrega dos pedidos no mercado. Xurde dunha necesidade/desexo do Mercado Municipal de Montealto, que Xoán de Bricolabs anímase a prototipar.
- Open Pet:
- Habitat (Foto-trampeo): O Grupo Naturalista Habitat emprega habitualmente unha técnica de estudo para detectar e monitorizar especies chamado foto-trampeo. A mesa de traballo consistiría en optimizar o seu traballo cunha aplicación web que permita facer navegábel o seu arquivo de imaxes/vídeos categorizado, e/ou facer un prototipo libre da cámara camuflada que empregan para detectar a presencia de animais e capturar as imaxes.
- Sistema DIY estandarizado de calibración de sensores de medición da calidade do aire: O Instituto de Monitorización e Vixilancia de Espazos Contaminados é unha institución cidadá aberta adicada ó desenvolvemento de prototipos, a investigación e a formación ecoforense orientada á xeración de ferramentas para a adaptación humana ós procesos de contaminación relacionados coa xestión de residuos urbanos en vertedoiros, industria pesada e minería.
- Pornortopedia: Post-Op propón o desenvolvemento dunha sistema vibratorio con control remoto que integrar na cadeira de rodas para poder facer auto-exploración vaxinal/anatómica simultaneamente a obter pracer . É un novo prototipo no seu traballo de sexualidade en colaboración co colectivo de diversidade funcional.
- Dispositivos de enerxía libre: Proposta de Borja Fernández para poder abastecer de xeito autónomo teléfonos ou tablets.
- Calentador solar: construcción de un calentador solar a partir dunha neveira reciclada.Proposta de Gino de Bricolabs.
- Outras dúas ideas a prototipar a raíz das conversas mantidas serían unha aplicación móbil co pequeno comercio de Montealto xeolocalizado (saíu tanto na conversa coa AAVV como na do Mercado). Tamén un dispositivo sonoro para facilitar o cruzamento dos pasos de peóns a nen@s e ceg@s: xurdiu tanto na conversa co CEIP Seoane dentro da campaña Camiño Escolar Seguro, como na conversa con AAVV.
.