
O colectivo BricoLabs celebrou hoxe unha nova e exitosa Feira OSHWDem16, a cal contou co apoio do programa Coruña Dixital.
Dobraron o número de asistentes da edición anterior, pero sobre todo consolidaron unha fantástica cita divulgativa do movemento maker na cidade, tanto para xa iniciad*s como para o público xeral. Como proba, o gran número de familias que ateigaban a Domus este sábado e que gozaron xunt*s das diversas (e accesibles) posibilidades para fedellar coa tecnoloxía.
Dende BricoGeek realizaron un estupendo vídeo que resume esta experiencia: