Unha das mesas de traballo máis interdisciplinar do Ateneo Atlántico de Prototipado conxugou técnicas de estudo do ámbito biolóxico con hardware libre, software libre, vídeo creativo…
O Grupo Naturalista Hábitat emprega habitualmente unha técnica de estudo para detectar e monitorizar especies chamado foto-trampeo. A mesa de traballo consistiría en optimizar o seu traballo cunha aplicación web que permita facer navegábel o seu arquivo de imaxes/vídeos categorizado, e/ou facer un prototipo libre da cámara camuflada que empregan para detectar a presencia de animais e capturar as imaxes.
Ademais de integrantes do colectivo naturalista do barrio de Monte Alto, participaron tamén neste nó de traballo a artista audiovisual Belén Montero, Efkin, Xosé Quiroga e Geeksha.
.