BricoLabs

Asociación #OSHW #DiY con filosofía divulgadora de tecnoloxías abertas

BricoLabs é unha asociación que reúne semanalmente a todos aqueles que queiran colaborar no deseño, construción e probas de todo tipo de aparellos e gadgets, propostos polos propios participantes e ao estilo doutros HackerSpaces e FabLabs do mundo.

É un grupo de traballo onde todo o mundo pode propor ideas e colaborar nas diferentes fases dos proxectos, a través de reunións altamente participativas e nun ambiente ameno e dinámico, onde non importa tanto o nivel de coñecemento como a motivación na realización da actividade.

Como podes participar?

O colectivo reúnese regularmente na Domus da Coruña. Ademais, todos os meses realizan unha sesión de portas abertas, polo que se queres visitalos só terías que contactar a través do seu correo electrónico.

Organizan anualmente o evento OSHWDem, unha feira na que o público xeral pode coñecer de primeira man proxectos de tecnoloxía aberta. Tes máis información sobre este evento na súa ficha dentro da nosa web.

Contacto

Correo electrónico: contacto@bricolabs.cc
Páxina web: http://bricolabs.cc
Twitter: twitter.com/brico_labs
Facebook: facebook.com/bricolabs
Github: github.com/brico-labs
Flickr: Albums
Youtube: youtube.com/brico-labs

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar