O pasado mes de novembro abriu por oitava vez as súas portas a OSHWDem, ou Feira das Tecnoloxías Abertas. Organizada pola asociación Bricolabs, e camiño de convertirse nunha tradición do outono na cidade, a feira é a cita fundamental do movemento maker, que constitúe o seu principal alicerce.

Foron moitas as persoas que se animaron a visiar a feira e, sobre todo, a experimentar nela. Na OSHWDem deste ano non faltaron, ademais dos proxectos maker e a posibilidade de cacharrear nalgún dos stands, as competicións tecnolóxicas que, como é habitual, reuniron a un público máis que numeroso e interxeracional. Houbo ademais charlas profesionais e obradoiros tecnolóxicos de instrumentos musicais, drones e de e-textil.

OSHWDem 2019 celebrouse coa colaboración de varias empresas e entidades, entre elas o Concello da Coruña, a través de Museos Científicos, e Coruña Dixital. Froito desa colaboración é este vídeo resumo: agardamos que vos guste! 😉

 

 

Para ampliar a información sobre a OSHWDem podedes acceder desde aquí á web da feira.

 

 

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar