A asociación Tadega vén de celebrar os pasados 22 e 23 de novembro un congreso anual no que máis dun cento de profesionais, na súa meirande parte galegos, se deron cita en torno á tecnoloxía e ás súas posibilidades no ámbito da educación, e, especialmente, no eido da atención á diversidade, no que respecta á diversidade funcional (discapacidade), a multiculturalidade, o mundo do maior, o do rural, o ámbito das altas capacidades ou a marxinalidade social.

O congreso articulouse en torno a dezaseis obradoiros que se desenvolveron de maneira simultánea na facultade de Educación da Universidade da Coruña, como podedes ver neste vídeo-resumo. Agardamos que vos guste! 😉

 

 

Podedes ver xa o contido actualizado de acada un dos obradoiros, cos materiais cedidos polas súas relatoras, a través deste enlace. Se queredes ampliar a información sobre a asociación Tadega, podedes acceder á súa web desde aquí.

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar