O 13 de setembro no Centro Ágora ábrese a programación municipal de actividades de Coruña Dixital. Será unha cita pensada para tecer redes, inspirarse, aprender e experimentar xuntas coa cultura dixital.

Xa podes inscribirte para coñecer de primeira man as principais tendencias e as iniciativas máis interesantes no eido da ‪cultura dixital‬, da ‪innovación social‬ a través de prácticas dixitais, dos proxectos tecnolóxicos sociocomunitarios, dos ‪contidos dixitais‬ colectivos, do espírito maker‬ e tamén achegarnos a proxectos abertos de ‪programación‬ e ‪robótica‬ educativa.

O acceso é gratuíto, previa inscrición. As prazas son limitadas.

Consulta toda a información e inscríbete xa na nosa axenda.

 

 

Entradas recomendadas

Empece a escribir e pulse Enter para buscar