I Encontro Coruña Dixital

Coruña Dixital é un programa pensado para facilitar a conexión das persoas interesadas na cultura dixital, no uso creativo da tecnoloxía e no emprendemento sustentábel de proxectos innovadores e con capacidade transformadora, ben sexan iniciativas creativas, culturais, sociais ou profesionais.

.

Programa do evento

Con este primeiro Encontro Coruña Dixital abrimos a programación municipal de actividades. Durante a XORNADA DE MAÑÁ (10:00 a 14:30) e con formatos áxiles de charlas e conversas, de menos de vinte minutos cada unha, poderemos coñecer as principais tendencias e as iniciativas máis interesantes no eido da cultura dixital, da innovación social a través de prácticas dixitais, dos proxectos tecnolóxicos sociocomunitarios, dos contidos dixitais colectivos, do espírito maker e tamén achegarnos a proxectos abertos de programación e robótica educativa.

Farémolo da man de convidados de luxo como o coruñés Juan Freire (experto de referencia en innovación e cultura dixital), José Luis de Vicente (investigador e comisario de Sónar+D, a área de innovación do festival Sónar de Barcelona), a galega Beka Iglesias (artivista dixital e coordinadora de laboratorios de arte, ciencia e tecnoloxías libres) ou Fran Díaz de Autofabricantes (proxecto de autofabricación colectiva de próteses persoais en código aberto).

Tamén teceremos unha ampla panorámica do que está a suceder en Galicia da man de referentes como Fran Quiroga (novas prácticas culturais e comúns), María Yáñez (contidos dixitais comunitarios), Chus Prol (escena maker) e Tucho Méndez de Escornabot, proxecto xurdido no colectivo coruñés Bricolabs, con quen nos achegaremos á programación e robótica no eido educativo.

En definitiva, unha cita imprescindible para tecer redes, inspirarse e aprender xuntas coa cultura dixital.

.

Participa na XORNADA DE MAÑÁ!

[!] O formulario de inscrición xa non está activo, pero pola ampla capacidade do auditorio do Centro Ágora habilitaremos prazas adicionais suficientes e poderás inscribirte dende as 9:45 na propia entrada do evento  (acceso libre até completar aforamento).

.

Xa na SESIÓN DE TARDE (16:30 a 19:30) e da man de Diego Parajó (Tek-Fest), abriremos o código de Coruña Dixital, posibilitando que entre todas poidamos reescribir e mellorar as posibilidades desta iniciativa que terá continuidade en 2017. Trátase dun formato de obradoiro aberto para recoller ideas e compartir reflexións sobre o tecido de iniciativas existentes na nosa contorna e sobre as fórmulas para expandir estas novas prácticas culturais e creativas.

[ ! ] No caso da xornada da tarde, polo seu formato participativo, a inscrición realizarase por estrita orde de chegada o mesmo día do evento. Se tes interese en participar, no propio día do evento e dende as 9:45, habilitarase unha mesa de inscricións específica para esta xornada de tarde na entrada do auditorio do centro Ágora. Para calquera consulta adicional non dubides en escribirnos a ola@corunadixital.gal

Detalles

Data

O día 13/09/2016 10:00 a 19:30

Contacto

https://www.facebook.com/events/1668627560129524/ ola@corunadixital.gal

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar