O pasado 27 de xaneiro púxose en marcha Distopías Cotiás: un espazo de reflexión colectiva no que abordar o impacto das tecnoloxías nas nosas vidas. Esa clase de cuestións que hai poucos anos identificabamos case co ámbito da ciencia ficción e que hoxe forman parte xa da nosa vida cotiá.

Cada cita, que acolle a biblioteca do centro Ágora grazas á colaboración das Bibliotecas Municipais, é de entrada libre. O formato habitual será o dunha pequena charla inicial sobre un tema concreto e, a continuación, un tempo amplo para o diálogo e o contraste de ideas.

 

Distopías Cotiás comezou cun debate sobre ética, privacidade e tecnoloxía, que se desenvolveu trala pequena charla ofrecida por Pablo Castro (Trackula), desenvolvedor frontend e co-fundador de Arengu, ademais dun activista destacado pola liberdade en Internet e o software libre. Pablo é ademais unha das cabezas visibles do colectivo GPUL  e co-organizador de AtlanticaConf.

Se non puideches vir -ou se o fixeches pero queres lembrala- aquí tes a súa intervención:

 

Pablo, que tamén participou no debate, tivo a amabilidade de compartir con nós a presentación da súa charla. Tédela AQUÍ ao voso dispor.

 

No primeiro semestre de 2020 están previstas xa as seguintes datas, sempre ás 19h no espazo de conversa da Biblioteca Ágora:

  • luns 17 de febreiro
  • luns 16 de marzo
  • luns 20 de abril
  • luns 18 de maio

Terás información puntual destas citas na nosa axenda ou subscribíndote aquí ao meetup da iniciativa. Se queres propoñer unha charla, tamén podes: só tes que escribir a ola@distopiascotias.gal 😉

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar