O espazo de encontro Distopías Cotiás acolleu unha segunda sesión na biblioteca do centro Ágora, onde puidemos seguir a reflexionar e debater sobre os impactos das tecnoloxías nas nosas vidas.

Nesta ocasión María Cerviño, avogada en NoLegalTech, axudounos a navegar polo mar de dúbidas que hai entorno á cuestión da privacidade. Puidemos coñecer os nosos dereitos, detectar casos de abusos e ver novos proxectos que poderían cambiar o paradigma actual, sempre no marco do debate e da conversa aberta entre as persoas asistentes.

 

Compartimos a súa presentación e a intervención íntegra en vídeo:

 

Tamén nos parece interesante compartir a crónica da sesión do medio EntreNós Dixital: “Sen amparo”

Terás información puntual destas citas na nosa axenda ou subscribíndote aquí ao meetup da iniciativa. Se queres propoñer unha charla, tamén podes: só tes que escribir a ola@distopiascotias.gal ?

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar