GPUL
Asociación Universitaria Grupo de Programadores e Usuarios de Linux
Grupo de Programadores e Usuarios de Linux.
Fomentan o uso de GNU/Linux, o Software e Hardware Libre e a Cultura libre en xeral e forman un dos grupos de usuarios de Linux máis grandes do país con case 500 membros.
Como podes participar?
Podes cubrir a ficha de solicitude para asociarte na súa web.
Como membro de GPUL estarás subscrito á lista de distribución de correo (asociacion@lists.gpul.org), desde a que poderás participar no día a día da asociación, ademais de poder asistir con voz e voto ás Asembleas e gozar de moitas máis vantaxes. Ademais, podes participar de forma voluntaria na lista de correo para colaborar nas súas actividades (organizacion@lists.gpul.org).
Outra forma de participar é asistindo a calquera dos GPUL Labs, un programa de charlas e hackatóns pensadas para consolidar unha comunidade de desenvolvedores preocupados polo Software, o Hardware e a Cultura Libre na Coruña e en Galicia.
Tamén realizan todos os anos as Xornadas de Introdución ao Software Libre e a GNU/Linux para iniciarte no mundo libre e diversas Install Party nas que axudar aos asistentes a instalar un sistema operativo libre no seu ordenador.
Colaboran con diversas ONGS na migración dos seus sistemas a aplicacións libres e de cando en cando organizan algún congreso internacional de comunidades de software libre como foron a GUADEC 2012, a AKADEMY 2015 e a X.ORG DEVELOPER’S CONFERENCE 2018 que trouxeron pola cidade da Coruña a centos de desenvolvedores de diversas partes do mundo.
Contacto
Correo electrónico: info@gpul.org
Páxina web: gpul.org
Twitter: twitter.com/gpul_
Facebook: facebook.com/gpulfic
Google +: plus.google.com/101776473910760201090/
Github: github.com/gpul-org
Archive (videos): archive.org/details/@gpul