O luns 20 de abril retomáronse as sesións de Distopías Cotiás, encontros mensuais nos que reflexionar e debater sobre o impacto das tecnoloxías nas nosas vidas.

Cando arrancou esta iniciativa, fai tan só un par de meses, nunca pensamos que o noso día a día podería converterse nunha auténtica distopía cotiá. Pero como a realidade ás veces supera a ficción, celebrouse un terceiro encontro no que abordar precisamente este momento actual.

A temática desta nova cita xirou arredor das tensións se están a producir no uso da tecnoloxía: entre a seguridade colectiva, o reto epidemiolóxico e os dereitos da cidadanía, especialmente a nosa privacidade.

Na sesión, a primeira en celebrarse de maneira telemática, participou Gemma Galdón, analista e consultora de políticas públicas no ámbito dixital. Residente na cidade, está especializada no impacto social, legal e ético da tecnoloxía, sobre o que tamén realiza unha intensa actividade divulgadora.

O encontro, que se emitiu en directo a través da nosa canle de YouTube, permitiu, igual que no formato orixinal, a participación do público. Se non puideches asistir, aquí tes o vídeo da sesión:

 

 

Por certo que uns días despois desta terceira sesión de Distopías Cotiás o xornal Nós entrevistou a Gemma Galdón, para falar, entre outras cousas, dalgunhas cuestións que apuntou nesta charla. Pódela ler aquí.

 

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar