Distopías Cotiás, o ciclo de encontros mensuais nos que reflexionar e debater sobre o impacto das tecnoloxías nas nosas vidas celebrou este mes de maio unha nova sesión. Como xa ocurrira coa celebrada en abril coa analista Gemma Galdón, o formato foi telemático, ofrecido en directo a través da nosa canle de YouTube.
Nesta ocasión, o tema escollido foi a relación dos nosos datos, a través da xestión de Big Data e Intelixencia Artificial, nas decisións que toman as empresas. A achega a esta dinámica, coñecida como Data Driven, correu a conta de Pietro Marini, desenvolvedor e consultor de big data e participante habitual nos encontros celebrados no marco de Distopías Cotiás.
Ademais da sesión en vídeo, que podedes ver a continuación, Pietro compartiu con nós o contido da súa presentación, que está aquí ao voso dispor.
Se tedes algunha suxestión sobre posibles temas a tratar en vindeiras sesións, lembrade que Distopías Cotiás ten o correo ola@distopiascotias.gal ao voso dispor.
Ademais, na nosa canle de YouTube podedes ver tanto a sesión deste mes como todas as que xa se celebraron, así como outros contidos de interese relacionados con Coruña Dixital.
Podedes acceder e subscribirvos desde aquí! 😉