Tecnoloxía e Privacidade en tempos do Covid-19
Retómanse as sesións de Distopías Cotiás, encontros mensuais nos que reflexionar e debater sobre o impacto das tecnoloxías nas nosas vidas.
Cando arrancou esta iniciativa, fai tan só un par de meses, nunca pensamos que o noso día a día podería converterse nunha auténtica distopía cotiá. Pero aquí estamos, cun terceiro encontro no que abordar precisamente este momento actual.
A temática xirará arredor das tensións se están a producir no uso da tecnoloxía: entre a seguridade colectiva, o reto epidemiolóxico e os dereitos da cidadanía, especialmente a nosa privacidade.
Contaremos con Gemma Galdón, analista e consultora de políticas públicas no ámbito dixital. Residente na cidade, está especializada no impacto social, legal e ético da tecnoloxía, sobre o que tamén realiza unha intensa actividade divulgadora.
Aínda que se celebrará en liña, o formato seguirá a ser o dunha charla breve introdutoria (30' aprox.) e un posterior espazo de conversa.
Se queres atopar máis información ou inscribirte nesta nova cita, podes facelo a través do seu evento de Meetup. Nel tamén se compartirá o enlace para ver a conversa e participar enviando preguntas e reflexións, que compartiremos en directo.
Detalles
Data
O día 20/04/2020 19:00-20:00
Contacto
Información adicional
Retransmisión en directo na nosa canle de YouTube, onde poderás atopar posteriormente todas as charlas: https://www.youtube.com/watch?v=EOAari4e3jw
Categorías
Lugar
[ Online ]