Aprender a manexarse coa tecnoloxía a distintos niveis dun xeito doado é posible a través da rede municipal de bibliotecas, que activa neste outono varios servizos gratuítos orientados ao ámbito dixital.
Un deles, a Atención Tecnolóxica Personalizada, está neste momento activo en varias bibliotecas da cidade. Consiste, en liñas xerais, na presenza no horario e día indicados dunha persoa experta que axuda a resolver dúbidas puntuais: desde a configuración dun teléfono ata cuestións relacionadas co manexo de redes ou a seguridade dixital. Non hai que pedir cita previa e, no caso de ser preciso para resolver os problemas tecnolóxicos d@ usuari@, é posible unha segunda cita.
Ademais desta atención personalizada, todas as bibliotecas da cidade ofrecen a posibilidade de wifi gratuíta a través dos equipos informáticos d@s usuari@s ou nos ordenadores do centro, que poden empregarse unha hora ao día. Estes equipos poden reservarse de maneira telemática, seguindo as instruccións que se detallan na web das bibliotecas, á que podedes acceder desde aquí.
Que podes aprender nas bibliotecas da Coruña?
A rede municipal de bibliotecas ofrece varios cursos en diferentes centros da cidade:
Configuración do teléfono móbil. Aprendizaxe a un nivel básico nos centros Rosales, Ágora e Fórum Metropolitano. Nos tres casos, a inscrición é presencial:
- Biblioteca dos Rosales: Do 21 ao 25 de outubro (16:00-19:00). A inscrición ábrese o 14 de outubro ás 10:00.
- Biblioteca Ágora: Do 04 ao 08 de novembro (16:00-19:00). A inscrición ábrese o 28 de outubro ás 09:00.
- Biblioteca Forum Metropolitano: Do 04 ao 08 de novembro (09:00-12:00). A inscrición ábrese o 28 de outubro ás 09:00.
Iniciación á informática, Internet e correo electrónico. Aprendizaxe a un nivel básico para o manexo destas ferramentas dixitais. A inscrición nos tres casos é presencial e ábrese o 07 de outubro a partir das 09:00:
- Biblioteca Ágora: Do 14 ao 25 de outubro (09:00-12:00)
- Biblioteca Forum Metropolitano: Do 14 de outubro ao 25 de outubro (16:00-19:00)
- Biblioteca Sagrada Familia: Do 14 de outubro ao 25 de outubro (09:00-12:00)
Nivel intermedio de informática, Internet e correo electrónico. A inscrición nestes cursos, que supoñen un nivel máis avanzado que os anteriores, é a través da web, á que podedes acceder desde aquí. O prazo de inscrición comeza en todos os casos o 04 de novembro, agás no curso que se oferta en outubro en Monte Alto, que comezará xa o 30 de outubro:
- Biblioteca de Monte Alto: Do 07 ao 18 de outubro (09:30-12:30)
- Biblioteca Sagrada Familia: Do 11 ao 22 de novembro (15:00-18:00)
- Biblioteca Ágora: Do 11 ao 22 de novembro (16:00-19:00)
- Biblioteca Forum Metropolitano: Do 11 ao 22 de novembro (16:00-19:00)
- Biblioteca Monte Alto: Do 11 ao 22 de novembro (16:30-19:30)
Ademais, as bibliotecas da cidade lembran que os seus espazos de aprendizaxe están tamén abertos a asociacións e oenegués que os poidan precisar.
Tedes toda a información sobre actividade das bibliotecas municipais da Coruña na súa web, que compartimos aquí con tod@s vós.