As redes sociais están a consolidarse como un medio idóneo para a divulgación: cunha linguaxe próxima, recursos visuais -que van desde o vídeo ou a imaxe ilustrativa ata os gifs e memes- e abertas á interactuación, son a ferramenta empregada por persoas vinculadas ao mundo da arte, da literatura ou da ciencia para difundir os seus coñecementos, proxectos e investigacións.
Dentro da ampla oferta de coñecemento á que podemos acceder a través das redes, hoxe detémonos nas que combinan divulgación científica e idioma, como é o caso de iniciativas como GCiencia ou Moléculas en Galego. Nesta mesma liña veñen de traballar Museos Científicos Coruñeses e a revista dixital Vinte, que dirixe María Yáñez, cunha colaboración consistente na difusión de seis pezas de vídeo e texto sobre ciencia ambiental de proximidade, elaboradas polo laboratorio audiovisual dos museos.
A boa acollida nas redes desta proposta divulgativa indican, segundo explican desde Vinte, que “a xente quere ciencia en galego, contada dun xeito diferente”.
E aquí a tedes!
Non esquezades que podedes ampliar todo este material científico visitando a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquiarium Finisterrae. 😉
Toda a información que precisades sobre os Museos Científicos Coruñeses está na súa web, á que podedes acceder desde aquí.