Dentro da programación da Escola de Verán da emisora comunitaria CUAC FM, na tarde do 16 de xullo exploraranse, a través dunha mesa de experiencias e dun hackathon, as potenciais colaboracións entre radios libres e software/hardware libre. Este é programa da actividade:

16:30. Inicio da xornada. Dinámica de presentación dos participantes.

17:00. Mesa intercambio de experiencias Radios libres e software libre: a unión perfecta.

  • Iago Veloso. Autor do proxecto de software libre “Radioco” (programa de grabación automatizada de streaming e xeneración de podcasts para radio)
  • Chema Casanova. Liñas de traballo no eido europeo para deseñar un proxecto de arquivado e compartición de archivos en rede.
  • Representantes de GPUL E MELISA (Grupos de programadores e usuarios de software libre en Galicia) Ferramentas e proxectos de software libre para a innovación na comunicación dixital.

18:00.- 22:00 Hackathon: Compartindo recursos e mellorando os sistemas tecnolóxicos das radios libres e comunitarias.

Espazo de innovación e traballo colaborativo no que os participantes desenvolverán proxectos baseados en hardware (ferramentas low cost e tecnoloxías libres como Raspberry Pi 2, U-Control UCA 222) e software libre (python, icecast, DarkIce, VLC).

Proxectos a desenvolver (propostas a discutir):
– Grupo de traballo de Streaming en medios comunitarios
– Grupo de traballo de Redifusión de podcast ou programas doutras emisoras.
– Grupo de traballo de instalación de radioco e desenvolvemento de novas aplicacións

Toda a información en: cuacfm.org/formacion-en-cuac-fm/obradoiro-construindo-redes-para-unha-comunicacion-alternativa/

Entradas recomendadas

Empece a escribir e pulse Enter para buscar