Narrativas Populares Contemporáneas

Grupo do LAIC, o Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación

As ferramentas creativas multimedia están ao noso alcance, a cultura do remix está integrada no noso consumo e prácticas dixitais e, ademais, temos a posibilidade de chegar con elas a moita xente.

Pero, que fai que un vídeo, un chío ou un meme se fagan virais? Como funciona a creación colectiva na rede?  É o humor un medio ou é un fin en si mesmo? Teñen interese cultural os gifs? Son as stories o formato audiovisual do futuro? Hai vida máis alá do LOL e do zasca en Internet?

No grupo de Narrativas Populares Contemporáneas do LAIC aprendimos a incorporar estas novas linguaxes e ferramentas ao noso traballo creativo para desenvolver narrativas ricas que condensen a nosa mensaxe e sorprendan as nosa audiencia na rede.

Narrativas mutantes, raras, emocionantes, combativas, divertidas, que saian do convencional. Que nos axuden a comprender e a representar mellor este mundo tolo no que producimos e consumimos imaxes de forma compulsiva.

Como podes participar?

O grupo de narrativas populares contemporáneas é unha proposta especialmente interesante para as persoas do ámbito creativo ou da comunicación e tamén para aquelas persoas con interese nas posibilidades da creación dixital e transmedia.

A dinámica de traballo e aprendizaxe do grupo artellouse en torno a xuntanzas regulares no Centro Ágora  e ao traballo online das participantes para a creación de proxectos colectivos no que o principal era experimentar:

Aquí tes algúns dos traballos desenvoltos!

 

Se estás interesad* nesta temática, podes recibir información de vindeiras actividades do grupo subscribíndote aquí ao noso boletín, pero tamén participando no grupo de facebook xeral do LAIC  ou formando parte do grupo de slack

Ti tamén podes experimentar e inspirarte! 😉

María Yáñez coordinou o grupo de narrativas populares contemporáneas. 

María ten máis de vinte anos de experiencia como xornalista en medios dixitais e en numerosos proxectos vinculados, desde o audiovisual, a xeración de contidos e a investigación, a este ámbito. Actualmente dirixe a revista dixital Vinte, pero fai moitas máis cousas que podes ver aquí.

 

Nas sesións que desenvolveu co grupo traballou sobre os novos xéneros audiovisuais na Rede, a creatividade en Internet -para o que contou coa participación dos videocreadores Christian Flores e Anabel Lorente- ou sobre o proceso de configuración de novas linguaxes.

Contacto

Correo electrónico: laic@corunadixital.gal
Páxina web: laic.corunadixital.gal
Twitter: twitter.com/corunadixital
Grupo de Facebook: facebook.com/groups/ComunidadeLAIC/
Comunidade virtual: slack-coruna-dixital

Proxectos relacionados