Persoas interesadas en coñecer as novas tendencias do mercado laboral en relación ao progreso tecnolóxico e dixital, sexan estudantes, titulad@s universitari@s ou profesionais: con este perfil como público principal comeza o luns 9 de abril Laboralia 2018, organizada polo consello social da Universidade da Coruña e coa sede de Afundación como espazo a desenvolver o seu programa ata o vindeiro venres 13.
As actividades desta edición pasan por unha serie de obradoiros e unha xornada formativa, para a que é preciso inscrición previa, na que se celebrarán conferencias e mesas redondas. Os ponentes dos talleres serán Yaiza Rubio, primeira muller hacker de España en participar en DEF CON & Black Hat en Las Vegas; Álvaro Núñez, máster en Seguridade Informática e membro de Telefónica Digital España e de Hackers Club Academy; Ángel Hernández, experto en Intelixencia Artificial e desenvolvemento e adestramento de Chatbots; Félix Brezo, analista de intelixencia en Eleven Paths; Pablo González, hacker e technical business nanager en Telefónica Digital España e Ignacio Villoch, ecosystem builder, Data & Open Innovation BBVA.
A xornada formativa (que se desenvolverá o venres 13 de abril, tamén na sede de Afundación) contará, ademais de ponentes relacionados co ámbito universitario, con Juan Antonio Rosell, director de Talento e Transformación de Everis.
Toda a información que precisedes consultar sobre Laboralia 2018 está na súa web, á que podede acceder desde aquí.