
Despois dunha primeira charla o pasado 22 de febreiro, os GPUL Labs encaran a primavera cun programa de propostas do que xa vos podemos adiantar datas, espazos e temáticas:
- Mércores 7 de marzo (19:00, no espazo Accede Papagaio): Programación asincrónica en Javascript. Que é e cales son as súas posibilidades, con David Barral (Trabe).
- Xoves 15 de marzo (18:00, facultade de Informática): EMAPIC no contexto das SPATIAL HUMANITIES & pGIS. Mapas emocionais e cartografías participativas con Arantxa Serantes (Emapic).
- Mércores 21 de marzo (18:00, na facultade de Informática): Testing Javascript con Jest. Como empregar e traballar con Jest nos testeos de aplicacións con David Barral (Trabe).
- Mércores 4 de abril (19:00, no espazo Accede Papagaio): Node ao límite con Nest. Introducción ao framework Nest para crear aplicacións eficientes e escalables en Node. Con Antón Silvelo.
Con esta programación, GPUL, o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux, mantén a súa liña de actividades de edicións anteriores, que teñen sido un éxito de convocatoria. O programa Coruña Dixital facilita que esta activa asociación de software libre, vinculada á Facultade de Informática da Universidade da Coruña, poida dispoñer, un ano máis, do espazo Accede Papagaio, dependente da área de Emprego e Economía Social, para parte das sesións desta primavera de 2018.
Desta maneira as actividades de maior perfil profesional dos GPUL Labs poden ter lugar no centro da cidade, neste espazo municipal de innovación e emprendemento, para achegar o coñecemento sobre software libre ao novo tecido empresarial da Coruña.
Se estades interesados en coñecer máis datos sobre estas actividades e inscribirvos nelas, hai un meetup activado ao que podedes acceder dende aquí.