Os profesionais e afeccionados ás linguaxes que se executan na JVM (Java, Groovy, Scala, Kotlin,…) están de noraboa se, ademais, están dispostos a compartir experiencias, aprender e, sobre todo, divertirse, porque, a partir deste mes de abril, poden formar parte dunha nova comunidade dixital que busca, precisamente, persoas deste perfil.

Trátase de CoruñaJUG, unha comunidade técnica que pretende xuntar a todas esas persoas e que conta co apoio do programa Coruña Dixital, que facilita que esta nova proposta poida dispoñer do espazo Accede Papagaio, que depende da área municipal de Emprego e Economía Social, para os seus encontros.

A intención é que sexa o inicio dunha cita recorrente, lanzando un meetup mensual o terceiro mércores de cada mes. Neste caso, o 18 de abril, cunha primeira sesión dedicada a “Elastic stack: desde obtención e datos ata visualización e análise” para a que hai habilitado este meetup para información e confirmación de asistencia. Ademais, este mes tamén hai prevista unha segunda sesión, neste caso virtual, o día 28, que tamén conta xa co seu meetup.

Polo demais, CoruñaJUG  dispón dun slack, ao que podedes acceder desde aquí, así como esta páxina en Meetup e unha conta no Twitter á que podedes chegar desde aquí e seguir para estar ao tanto de todas as actividades que desenvolvan.

 

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar