Este outubro a Rede Municipal de Bibliotecas ofrece varios cursos, en diferentes centros da cidade, orientados a persoas que están comezando na tecnoloxía. Estas formacións desenvolveranse fundamentalmente na segunda quincena deste mes.
Hai un curso de iniciación ao WhastApp, na biblioteca Durán Loriga, e varios de iniciación a Internet a través do móbil. Neste caso, os obradoiros desenvólvense na biblioteca do Forum Metropolitano, na biblioteca dos Rosales e na biblioteca municipal Sagrada Familia.
Tamén se desenvolverá un taller de iniciación a Internet a través do ordenador, na biblioteca do Forum Metropolitano, e un máis, na biblioteca de Monte Alto, no que aprender a desprazarse pola cidade empregando a aplicación Google Maps no teléfono.
Toda a información ampliada sobre estas e outras propostas da Rede Municipal de Bibliotecas está na súa web, á que podes acceder desde aquí.
E non esquezas que podes consultar estas e outras propostas na nosa axenda! 😉