Unha app que identifique a forma máis rápida de moverse pola cidade, unha web para reportar problemas ou averías relacionadas co uso de Bicicoruña, unha visualización de datos que se pregunta pola relación entre o uso da bici e a climatoloxía, e un mapa de calor do uso deste servizo público de bicicletas, son as ideas nas que traballaron os equipos para acadar un prototipo durante a segunda edición do Hackathiño de Datos Abertos, que se celebrou o pasado sábado 7 no Centro Ágora. Este ano o hackathiño estaba centrado en aproveitar os datos abertos para propoñer ideas ou prototipos co obxectivo de mellorar a mobilidade sustentable na cidade da Coruña.

A xornada comezou coas propostas de proxectos a desenvolver que saíron dos asistentes ao evento, moitas de elas de gran interese. Seguidamente e de xeito autoorganizado, todos os participantes escolleron un proxecto no que participar e fixéronse equipos para tratar de desenvolver un prototipo dos mesmos.

En total fixéronse catro equipos, que traballaron durante todo o día e finalmente presentaron ante todos os resultados conseguidos ao finalizar a xornada:

Smart Jump. App para mellorar a mobilidade na cidade

Smart Jump. Prototipo en Github.

O equipo decidiu desenvolver dúas aplicacións para Android e iOS que permiten notificar aos usuarios, as paradas de bicicletas e autobús máis cercanas para que poida escoller de xeito sinxelo a forma máis rápida de moverse pola cidade. Tamén permite escoller un destino e personalizar o tempo máximo que se quere ir a pe, en bus ou en bicicleta ata ese lugar. No caso da bicicleta, tamén informa de cantas unidades hai dispoñibles en cada unha das estacións, para non chegar a estación e atopala baleira.

Web para reportar problemas ou averias relacionadas co uso de bicicletas

Bike Reporting. Prototipo en Github.

O proxecto xurdíu con esa idea de poder avisar ao concello ou a administación correspondente cando un usuario, por exemplo, retira unha bicicleta de bicicoruña e se percata de que está estropeada, ou a existencia de algún obstáculo nos carriles bici, coa intención de extender este proxecto a calquera problema existente na cidade para que os cidadáns o poidan comunicar de xeito veloz, pero é un proxecto que require un duro traballo e de momento só se creou unha primeira versión moi sinxela.

Inflúe a choiva no uso da bicicleta?

Bici Stats. Prototipo en Github.

A relación entre o uso da bicicleta e a climatoloxía é algo que moitas veces se comenta pero poucas se demostra polo que este equipo decidíu cruzar os datos do uso de bicicoruña cos datos meteorolóxicos do pasado ano para confirmar as súas teorías. A realidade é que os datos demostran que é certo: cando chove utilízase menos a bicicleta e este factor non inflúe máis por xéneros, xa que diminúe o uso dun xeito similar tanto en homes como en mulleres.

Aproveitando os datos de Bicicoruña tamén se descubríu que, supoñendo que cando se saca unha bicicleta e se volve a meter na mesma estación con menos de 5 minutos de marxe, é moi probable que sexa motivado por que a bicicleta está estropeada ou ten algún defecto, en torno ao 8% dos usarios de Bicicoruña atopan unha bicicleta con problemas.

Mapa de calor do uso de Bicicoruña

Bici Coruña. Prototipo en Github. 
Este equipo decidíu visualizar os datos de uso de Bicicoruña co obxectivo de entender mellor cómo os usuarios utilizan o servizo, unhas visualizacións que se poden atopar neste enlace e que confirman as paradas da Casa da Auga ou a Praza de Pontevedra como as máis utilizadas.Noutra das visualizacións pódese ver cómo varía o uso do servizo segundo a época do ano, e na que se confirma como no verán o uso é maior e sobre todo aumenta nas zonas do centro e arredor das praias de Riazor e o Orzán. Tamén é moi interesante poder observar segundo o id de usuario o lugar máis habitual de utilización de bicicletas e as estacións de destino máis utilizadas por cada usuario.

A organización do hackathiño, que impulsaba o GPUL da Coruña, comenta que «a pesar de ter unha duración tan curta, moitas cousas interesantes xurdiron no evento, os asistentes disfrutaron enormemente do mesmo e gracias aos expertos convidados David Cabo (fundador de Civio) e Cesar García (fundador de OpenShine) os equipos puideron recibir un pequeno empurrón para rematar a tempo os seus prototipos 🙂 »

Queda por ver ata que punto se seguen a desenvolver estas ideas para que poidan converterse en aplicación de uso real por parte da cidadanía de A Coruña. Polo de agora o código queda aberto a quen queira seguir contribuíndo a estes proxectos.

Entradas recentes