Que son os recursos libres, como atopalos e cales empregar no contexto educativo, así como os seus aspectos legais: estas son as liñas xerais do curso que ofrece o centro UNED da Coruña, nas modalidades presencial e online, e que se desenvolverá entre os días 4 e 9 do vindeiro mes de abril.

Para inscribirse en Como empregar os “recursos libres” de Internet para a educación e a aprendizaxe. Recursos e ferramentas online para a formación académica e investigadora non é preciso titulación previa. Dende a UNED recoméndanllo especialmente ao alumnado de calquera disciplina, sobre todo ás persoas con traballos de fin de grao ou fin de máster, pola utilidade que ten, neste proceso, coñecer os recursos dispoñibles. A universidade a distancia tamén llelo recomenda ás persoas vencelladas ao mundo da docencia e a pedagoxía, pola aplicación que os recursos libres teñen nas aulas e en proxectos de investigación, e, por suposto, ao público en xeral con interese neste eido.

O curso,  dirixido e impartido polo profesor da UNED José M. Varela Serna, ten o prazo de matrícula aberto. A información completa está na web da institución académica, á que podedes acceder desde aquí.

Entradas recentes