A Oficina de Cooperación (ACO) da Academia Galega do Audiovisual abre un ano máis as súas portas a creador@s e proxectos co obxectivo de prestarlles asesoramento, gratuíto e profesional, en diferentes ámbitos para o seu desenvolvemento.

O prazo para enviar as propostas abriuse a comezos deste mes de setembro e pecharase o vindeiro día 30 de novembro. Para enviar un proxecto hai que, en primeiro lugar, rexistrarse na páxina da ACO (podédelo facer desde aquí), crear un perfil de usuari@ e cumprimentar un formulario de inscrición. 

As propostas clasifícanse en:

  • Cinema
  • Formatos televisivos
  • Produción audiovisual contemporánea
  • Proxectos transmedia, interactivos e videoxogos. É dicir, todas aquelas producións que implican a participación activa d@s usuari@s mediante as tecnoloxías dixitais.

 

Cada área audiovisual ten os seus asesores. Trátase de profesionais do sector especializad@s nalgún dos catro ámbitos previstos. No caso das propostas trasmedia, interactivas e videoxogos, as persoas encargadas de valorar e asesorar os proxectos son María Yáñez, Adolfo Ponte e Luz Castro.

Todo o que precisades saber sobre as características da axuda que ofrece, así como requisitos e funcionamento deste servizo están na páxina web da ACO, á que podedes acceder desde aquí.

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar