O pasado 22 de febreiro  GPUL, o grupo de programadores e usuarios de Linux, retomou a actividade dos seus exitosos GLabs destes dous últimos anos cunha charla que levou por título Guía de supervivencia para o desenvolvedor novato.

O Concello da Coruña, a través do seu programa Coruña Dixital, colabora co desenvolvemento destas charlas das que, en breve, saberemos novas datas e espazos. Nesta primeira, concretamente, coñecimos da man de dous desenvolvedores, Brais Arias (Icarto) e Pablo Castro (MOBGEN), a realidade coa que se atopa este colectivo profesional en non poucas empresas e como eles foron capaces de facer da necesidade virtude para elaborar unha lista de consellos prácticos.

Con esta “guía de supervivencia” tratan de evitarlle, na medida do posible, unha mala experiencia a quen se incorpore ao mercado de traballo. Ademais, no relatorio explicáronnos que é o software libre, como e por que está a mudar o mundo e cal é a importancia que o seu manexo poder ter nas nosas perspectivas laborais, xa que hai cada vez máis empresas que valoran positivamente esta opción.

 

 

 

Entradas recentes