O programa do #LAIC deu comezo este pasado 18 de xaneiro coa primeira sesión do grupo de Narrativas Populares Contemporáneas (NPC), que estivo, na súa primeira parte, centrada en contextualizar, precisamente, que son esas narrativas populares e en amosar non só a súa cara máis divertida e popular, senón os seus usos a nivel de comunicación, mesmo no ámbito político, e as dinámicas sociais xeradas en torno a elas.

María Yáñez, que é quen coordina o grupo, fixo un completo percorrido polas novas linguaxes e dinámicas das que tod*s, dun modo ou outro, formamos parte: memes, viralidade, gifs, fíos de Twitter, desafíos colectivos, chat stories, Whatsapp,… nunha primeira aproximación a un eido no que o grupo traballará dun xeito máis profundo nas vindeiras sesións. Porque neste grupo do #LAIC non hai só coñecemento teórico, senón que tamén haberá experimentación e actividade práctica.

 

 

O grupo xa está en marcha

As vindeiras sesións celebraranse os venres 1 e 15 de febreiro e 1 e 15 de marzo, no centro Ágora e en horario de 17h a 20h.  A próxima, por exemplo, estará adicada aos novos xéneros audiovisuais da Rede, e a do 15 de febreiro, que tratará sobre a videocreación e a animacion na Rede, contará coa participación dos creadores dixitais Christian Flores e Anabel Lorente. As persoas participantes activas no grupo de NPC xa teñen reservada a súa praza nesta cita especial do 15 de febreiro. O resto de persoas interesadas poden inscribirse na charla aberta inicial (17h a 18h) neste enlace.

A constitución do grupo comezou xa, coa base das persoas que asistiron á primeira sesión, pero iso non significa que a posibilidade de sumarse a este equipo do #LAIC estea pechada.  Podes consultar se hai prazas dispoñibles para incorporarte a el. Desde aquí podes acceder á información e formulario de inscrición.

 

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar