O pasado 4 de outubro a cidade acolleu a primeira edición de AtlánticaConf, unha cita que nace coa vontade de ser o gran punto de encontro entre as comunidades tecnolóxicas galegas, a Universidade e empresas do sector. Cunha programación que incluía palestras, obradoiros e tempo de networking, tiña ademais un valor engadido, como era o feito de estar impulsado por un conxunto amplo de persoas, colectivos, entidades e empresas da cidade vinculadas ao sector tecnolóxico. Moitas delas, por certo, podédelas coñecer visitando a comunidade de Coruña Dixital.

O resultado deste traballo colectivo foi o gran espazo aberto a todas as tecnoloxías, con vocación internacional e sen ánimo de lucro, dirixido principalmente a empresas, desenvolvedor*s e investigador*s, que se materializou na facultade de Informática e que contou cunha ampla participación.

AtlánticaConf 2019 contou co apoio de varias empresas e entidades locais, así como a colaboración do Concello da Coruña a través de Coruña Dixital. Unha colaboración que se traduce neste vídeo, no que podedes ver, resumido, o amplo programa de actividades desta cita tecnolóxica:

 

 

Agardamos que vos guste! 😉

 

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar