Aula CeMIT Centro Cívico de Eirís

Un espazo para a capacitación dixital e a inclusión tecnolóxica da cidadanía.

Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia, que actualmente forma parte da Axenda Dixital de Galicia 2020 e do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020.

O Concello da Coruña acolle no Centro Cívico de Eirís e dota de persoal este equipamento, que ten a finalidade de conseguir a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica das persoas usuarias.

Toda a súa formación conta con certificación e recoñecemento oficial.

Como podes participar?

Poderás coñecer o catálogo de actividades (cursos e charlas) programados para as próximas semanas, ademais de inscribirse nelas, na web da aula.

Nos cursos de iniciación é posible inscribirse presencialmente no propio Centro Cívico.

A aula conta tamén co servizo de Aula Aberta, no cal facilítase o uso libre e gratuíto do equipamento da aula informática, contando con apoio e asesoramento profesional, nos seguintes días e horarios:

  • Luns e mércores: 11:00 h a 14:00 h.
  • Martes e xoves: 16:00 h a 19:00 h.

A Rede CeMIT pon a disposición dos usuarios e usuarias un Espazo Multimedia de Aprendizaxe (EMA) telemático que complementa a formación presencial impartida nas aulas. Pode accederse á información aquí.

Ademais, as asociacións que precisen dun espazo para levar a cabo unha acción formativa, poden solicitar o uso da aula.

Contacto

Correo electrónico: cemit.acoruna1@xunta.es
Páxina web: cemit.xunta.gal/gl/centro/101

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar