Bibliotecas municipais: servizo de atención tecnolóxica
Un servizo da Rede Municipal de Bibliotecas da Coruña para resolver de maneira personalizada dúbidas concretas sobre dispositivos electrónicos ou ferramentas dixitais
No seu empeño de que niguén se quede atrás coas novas tecnoloxías, as bibliotecas municipais da Coruña ofrecen este servizo de atención tecnolóxica personalizada da man de persoal especializado.
O seu cometido é resolver dúbidas cotiáns e concretas: desde configurar ou instalar aplicacións nos teléfonos móbiles, axudar no uso de ferramentas e plataformas dixitais, ata resolver cuestións relacionadas con xestións que deben realizarse en internet.
Como podes participar?
O persoal do servizo de atención tecnolóxica personalizada percorre as bibliotecas da cidade, en días e horarios concretos que podes consultar aquí.
Para recibir a súa axuda non é preciso solicitar cita previa.
No caso de non ser posible solucionar a túa dúbida ou problema no día, a persoa encargada do servizo pode concertar un segundo encontro.
Tamén podedes solicitar información presencial sobre este servizo en calquera das bibliotecas municipais. Podes localizar a máis próxima aquí.
Contacto
Páxina web: coruna.gal/bibliotecas/
Axenda web: coruna.gal/bibliotecas (axenda do servizo en cada biblioteca)
Twitter: twitter.com/bibcoruna
Facebook: facebook.com/bibcoruna